Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

6/11/2024

A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui

Preto 300 alumnos e alumnas dos centros educativos de Tui asistiron hoxe no Teatro Municipal de Tui á representación de “Wombo Combo” da man de Galeatro. Esta obra teatral chega a Tui dentro do programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

O alumnado de 3º e 4º de Primaria os CEIP’s nº1, nº2, Rebordáns, Guillarei, Randufe, Pazos de Reis, Caldelas, e do Colexio Maristas Santa María asistiu hoxe á representación desta peza teatral escrita por Paula Carballeira, coa que foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2023.

A obra, dirixida por Davide González e interpretada por Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez reflexiona sobre a vida real e a virtual e a soidade na adolescencia.  A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real.