Redes Sociais
A presenza dixital do Concello de Tui articúlase principalmente na web municipal, www.tui.gal, e nas súas páxinas oficiais en Redes Sociais: Facebook, Twitter e Instagram.
O obxectivo desta presenza é difundir a información tanto do municipio en diversos eidos, coma do propio concello en canto a actualidade, servizos que se prestan,... permitindo así a súa consulta dende calquera punto con acceso á internet.
A presenza en redes sociais permite dar maior visualización as actividades, novas, eventos... ao tempo que permite unha interacción directa cos seguidores.
Así os perfís oficiais do Concello de Tui en Facebook e Twitter, son unha eficaz canle de comunicación e difusión das actividades municipais ademais de canle de comunicación cos veciños e visitantes.
O Concello de Tui tamén conta cunha canle en Vimeo e outra en Youtube, onde se atopan dispoñibles varios vídeos sobre o patrimonio, a cidade ou actividades desenvolvidas.