I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Forma parte do programa que se desenvolverá con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. No desenvolvemento desta actividade o Concello de Tui conta coa colaboración do Club Ciclista Locos por las Bicis, da Policía Local e de Protección Civil de Tui.