Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Final a 4 Cadete de Balonmán

26/04/2024

O próximo luns, 29 de abril, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación da Final a 4 Cadete masculina e feminina de balonmán, que se disputará os días 4 e 5 de maio, no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López e o presidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez.