Eureka Reto Rural - Tui, A Comunidade Xudía en Tui
"Tui, A Comunidade Xudía" é o título do escape room que se vai desenvolver en Tui o domingo 26 de maio dentro do produto turístico Eureka posto enmarcha polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.
"Tui, A Comunidade Xudía" é o título do escape room que se vai desenvolver en Tui o domingo 26 de maio dentro do produto turístico Eureka posto enmarcha polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
Dobre proposta esta fin de semana en Tui dentro das Rutas de Natureza que organiza o Concello de Tui. A actividade centrarase no percorrido, en dúas etapas, pola senda do río Furnia, recuperada o ano pasado polo Obradoiro de Emprego, e incluirá visitas ás igrexas de Malvas e Pexegueiro, a diferentes elementos etnográficos, así coma ao taller do escultor Rai Martínez e á empresa Trigo y Limpio. Os percorridos serán conducidos por Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio.
Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo, cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño, para a que se cubriron as 25 prazas ofertadas rapidamente. As persoas participantes de Tui, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra e Vigo gozaron deste percorrido de introdución á ornitoloxía e interpretación do medio natural.
Andoriñas, rulas, bubelas, paporrubios, xílgaros, miñatos, ou garzas serán algunha das aves que se poderán observar este domingo na primeira das actividades das Rutas na Natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo.
Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este domingo, 28 de abril, até o 30 de xuño.
Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.
Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.
A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos 1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023.
Do total de 1.191 persoas que demandaron información na Oficina de Turismo 303 eran peregrinos e peregrinas e 888 turistas.
Debido á adversa previsión do tempo para a fin de semana o III Encontro de Viños da Raia que se ía celebrar este sábado 30 e domingo 31 na praza da Inmaculada aprázase para o sábado 6 e o domingo 7 de abril.
Natureza, gastronomía, historia, cultura, ... centra parte da oferta que esta Semana Santa se pode disfrutar en Tui
Mañá sábado, ás 12 h, inaugurarase na
A Oficina de Turismo, no paseo da Corredoira, acolle a exposici'ón Gyotaku de Mª Carmen Ramírez e Rocío Grandal. Nas súas obras empregan os prinicipios do gyotaku, técnica de pintura de orixe xaponés sobre papel de arroz, adaptándoos a un deseño, encuadre e enfoque máis actual, e creando pezas únicas.
A inauguraci'ón será o sábado 23 ás 12 h.